miércoles, 11 de diciembre de 2013

Novidades Narrativas en Galego Decembro 2013



Bos Días a todos:

Hoxe diríxome a vós de novo, esta vez en Galego para comentarvos as principais novidades que a editorial Xerais pon no mercado para este mes de Decembro, derradeiro mes do ano, no que todos pensamos nalgún agasallo para os nosos seres queridos. ¿ E por qué non facelo cun libro?

Pois ben, neste mes, Xerais enviou ás librerías galegas, un libro que está copando as redes sociais e a lista de libros máis vendidos en castelán. Nada máis nin nada menos que "Legado nos Osos" de Dolores Redondo. O que nos dí a editorial deste libro é o seguinte:

"Logo do rotundo éxito de O Gardián Invisible, Dolores Redondo ofrécenos agora o segundo volume da súa triloxía ambientada no val de Baztán e protagonizada pola inspectora Amaia Salazar, da Policía Foral de Navarra. 
O xuízo contra o padrasto da moza Johana Márquez está a piques de comezar. A el asiste unha embarazada Amaia Salazar, que un ano atrás resolvera os crimes do chamado bsajaun, que sementaron de terror  o val do Baztán. Amaia tamén reunira as probas inculpatorias contra Jason Medina, que imitando o modus operandi do Basajaun asasinou, violou e mutilou a Johana, a filla adolescente da súa muller. De súpeto, o xuíz anuncia que o xuízo debe cancelarse: o acusado acaba de suicidarse nos bañós do xulgado. Ante a expectación e o enfado que a noticia provoca entre os asistentes, Amaia é reclamada pola policía: o acusado deixou unha nota suicida dirixida á inspectora, unha nota que contén unha inquietante mensaxe: Tarttalo. Cunha soa palabra destaparase unha trama sobrecolledora que envolve á inspectora até un trepidante e emotivo final. "

A verdade é que eu aínda non lin ningún dos dous primeiros libros desta triloxía e cada vez o meu apetito de lectora voraz estase a abrir cara eles. Creo que sería un bó agasallo de nadal para min poder ler estes libros. E porque non, en galego.

Doutra banda, Xerais anímanos este mes a profundar na poesía. Un xénero menos dirixido ó público en xeral, pero que non debemos esquencer. Existen auténticas xoias poéticas. A maiores esta lingua que falamos no rincón noroeste da Península Ibérica, a min sempre me pareceu das máis fermosas e cantareiras para os poemas, para a transmisión de sentimentos e saudades. Cada vez que leo un poema ben escrito en galego os calafríos recórrenme e a pel pónseme de Galiña.

En concreto, desta vez propónsenos a lectura de "Dos Tempos Sombrizos" de Daniel Salgado e Premio de Poesía Gonzalo López Abente. Sobre o libro dinos que:

"Dos tempos sobrizos é un libro de poemas sobre o medo. Sobre un medo ás veces  concreto e ás veces difuso. Sobre un medo histórico. Dos tempos sombrizos está escrito nunha lingua desprezada. Nunha lingua acosada. Nunha lingua de vencidos. É testemuño dunha derrota inmensa. Estes poemas queren, ao cabo, contruír un refuxio conrtra a barbarie. Contra o cinismo como ética xeral da época".

Persoalmente vou a dicir que este libro encantaríame poder telo non para leer a un correr, senón para poder intercalalo entre lecturas, ou incluso para leer brevemente antes de ir a deitarme. Para leer e releer, porque se me antolla que é unha verdadeira obra digna de mención da nosa literatura. Se vos gusta a poesía non deixedes de lelo, e se non vos iniciástedes aínda neste xénero, ¿Por qué non facelo da man deste libro?

Finalmente, na época na que os máis pequenos son os protagonistas de todas as casas de Galicia, España e do mundo enteiro. non podería faltar unha obra adicada a eles. Así a editorial xerais, da man da súa colección sopa de libros, propónnos para os pequenos lectores de oito anos en diante "O raposo e a mestra" de Manuel O'Rivas, cuxa sinopse sería a que amoso a continuación:

"O mariñeiro Seravín contoulle a Pindo que unha nova mestra viñera para a escola de Val de Mil. Era unha linda moza que sempre ía en bicicleta...
O raposo Pindo é un raposo solitario, que sabe as falas de todos os animais e as persoas; segundo se dí é fillo do lobo Petiso e a raposa Meiga. Pindo ten un poder: é quen de hipnotizar a calquera cos seus ollos de lanterna. Ese poder conseguino, vendo como o Sol pousaba a súa luz, ó afundirse no mar, despedindo o día". 




 




No hay comentarios:

Publicar un comentario